Da Fonte
Da Fonte
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica fonte e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “I[ohan] Eanes da Fonte” (doc ano 1265 en Miguel Romaní, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, nº 929, 1990-1993, p 855).