Da Torre

Da Torre
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica torre e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Pelagii Iohannis da Torre” (doc ano 1202 en P. Loscertales, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 429).

Palabras veciñas

da segno* | Da Silva | Da Silva, Kiko | Da Torre | Da Val | Da Vila | Da Viña