Daboecia

Daboecia
[PLANTA]

Xénero de arbustos, da familia das ericáceas, de ata 50 cm de altura. Presenta follas perennes e elípticas de 15 mm de lonxitude e bordos revirados que se dispoñen de xeito alterno. As flores son tetrámeras e dispóñense en acios terminais e os pétalos, de cor púrpura, están soldados formando un vaso longo. En Galicia está presente a especie D. cantabrica como elemento formador das matogueiras e sebes ou debaixo dos piñeiros. Recibe a denominación popular de queiroa.

Palabras veciñas

Dabán, Jacinto | Dabarca | Dabit, Eugène | Daboecia | Dabola | dabondo | Dąbrowa Górnicza