Dacosta
Dacosta
[ONOM]
Apelido toponímico formado sobre a base léxica costa e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Johan da Costa (doc ano 1333 en Clarinda de A. Maia História do galego-portugués, 1986, p 155).