Daedalea

Daedalea
[FUNGO]

Xénero de fungos, da orde das poliporais, de cogomelos semicirculares e planos, de ata 20 cm de diámetro, coa cutícula áspera e de cor crema cinsenta. O himenio aparece disposto en pequenos tubos alongados, a xeito de láminas rudimentarias, que ofrecen un aspecto labiríntico. A especie D. quercina vive sobre carballos aos que infecta; a carne ten unha consistencia coriácea, polo que non ten valor culinario.

Palabras veciñas

2 dado -da | dador -ra | Dadra e Nagar Haveli | Daedalea | dafne | Dafne | Dafne