Dagaredo

Dagaredo
[ONOM]

Antropónimo de orixe xermánica, formado polas voces dags ‘día’ e reths ‘consello’. Documéntase en textos latinos galegos no s VIII: “Dagaredus” (doc ano 785 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 142). Na época medieval serviu de base ao apelido patronímico Dagarediz: “Suerio Dagarediz” (doc ano 1020 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 395).

Palabras veciñas

daga | Daganzo de Arriba | dagara | Dagaredo | dagari | dagbani | Dagerman, Stig