daiak
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo daiak.
-
s
[ETN]
Individuo pertencente a algunha das etnias protomalaias orixinarias de Borneo.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo indíxena da illa de Borneo que inclúe diversas poboacións, como os grupos kaian e keniah, e as tribos bidaiuh e iban. A tribo dos iban dedicouse á piratería como modo de vida ata que, a mediados do s XIX, foron expulsados das costas da illa. A súa subsistencia baseábase no cultivo itinerante do arroz xunto coa caza e a pesca, e habitan principalmente en casas comunais. O seu sistema social, bastante igualitario nas tribos do interior, ten como base o matriarcado e presentan unha relixión animista, na que se dá culto aos cranios. O número de membros deste pobo ascende a 1.250.000 individuos; sen embargo, malia as súas semellanzas culturais, non presentan ningún sentimento común de identidade.
-
s
m
[LING]
Lingua pertencente á familia lingüística malaio-polinesia do phylum áustrico que fala o pobo daiak.