dakota

dakota

(< topónimo Dakota)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Dakota ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Dakota.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo dakota.

    2. s [ETN]

      Individuo do pobo amerindio dos dakota.

    3. s m pl [ETN]

      Pobo amerindio da familia síux, establecido primitivamente nas chairas e bosques do N de América, no curso alto do Mississippi, nunha área comprendida entre o Lago Superior e a conca do Missouri, no territorio dos actuais estados de Minnesota, Dakota do Norte e Dakota do Sur. Os dakota dedicábanse á agricultura pero, pola presión dos chippewa, dividíronse en tres grupos: dakota, lakota e nakota, que se espallaron en diferentes direccións, conservando estreitos vínculos. Os dakota estendéronse polas chairas e adaptáronse á caza do bisonte, pero coa expansión dos EE UU cara ao O e a chegada de colonizadores brancos comezaron os enfrontamentos cara a mediados do s XIX. O incumprimento dos diversos tratados que o goberno dos EE UU asinou cos indios provocou diversos enfrontamentos e, baixo o liderado de Touro Sentado e Cabalo Tolo, os dakota derrotaron o xeneral Custer en Little Big Horn (25.7.1876). Despois da matanza de 200 dakotas en Wounded Knee, en decembro de 1890, a resistencia india rematou. A súa poboación ascendía en 1970 a 52.000 individuos nos EE UU e 2.500 en Canadá, que se concentran nas reservas das dúas Dakotas (Fine Ridge, Rosebud e Standing Rock) e nun número menor en Nebraska, Montana, Minnesota e Alberta.

  1. s m [LING]

    Lingua indíxena de América do Norte pertencente á familia macro-síux do phylum amerindio. A finais do s XVIII falábano unhas 35.000 persoas, pero a posterior dispersión das tribos dakotas asiniboidas, asentadas primitivamente na zona do Alto Mississipi, provocou a fragmentación do dakota en catro dialectos: o santee, o yankton, o teton e o asiniboide.