Dámiso

Dámiso
[MIT]

Xigante mitolóxico. Famoso pola súa rapidez nas carreiras, foi enterrado en Palene. A lenda conta que Quirón exhumou o xigante para quitarlle o nocello e poder restituír o óso que lle queimara Tetis ao seu fillo Aquiles. Isto explica as súas extraordinarias aptitudes como corredor.