dan

dan
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dan.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo dan.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habita Costa de Marfil, Guinea Conakry, Liberia e Mali. A súa sociedade presentaba unha feble organización ao redor dos xefes de cada zona que unían os guerreiros novos en campañas contra os pobos veciños. A súa estrutura de poboación básica foi a aldea, formada por familias estendidas nas que se practicaba a poligamia e dirixida polo home máis vello. Presentan unha economía de base agrícola, dependente do cultivo do arroz, millo, mandioca e plátanos; ademais, comercian con produtos agrarios (cacao, café e caucho). Dedícanse tamén á cría de gando, como ovellas e cabras, que se empregan en festas e celebracións. Calcúlase que o seu número ascende a 1.300.000 membros. Tamén se coñece cos nomes de yacouba, yakuba ou gio.

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente á familia lingüística mande do phylum níxer-congo que fala o pobo dan.

Palabras veciñas

Dâmrei | Damrosch | Damundo | dan | Dan | dan* | Dana, James Dwight