danakil

danakil
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo dos danakil.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo africano pertencente ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmana.

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente á familia lingüística cuxita do phylum afroasiático que fala o pobo danakil. Tamén se denomina afar.

Palabras veciñas

Dánae | Danaides | danaido -da | danakil | Danakil | Danané | Dánao