danburita
danburita
(< topónimo Danbury,Connecticut)
s
f
[MINERAL]
Silicato de boro e calcio. Cristaliza no sistema rómbico, con cristais prismáticos. Pertence ao grupo dos plaxioclases. Mineral pouco frecuente, pode ser incoloro, branco, amarelo ou castaño, e ten unha dureza de 7,0 -7,5 e unha densidade de 2,9 -3,0.