Daneiro, pazo de
Daneiro, pazo de
Construción nobre situada en San Clemente de Pazos (Zas). Edificouna no ano 1616 Fernando García Daneiro e restaurouse en 1950. De planta rectangular, engadíuselle un corpo no lado dereito. Destaca a distribución de modo rítmico das ventás da fachada principal. A fachada posterior é máis alta e nela sobresae un brasón que alude as familias Moscoso, Figueroa, Varela e Montenegro. Conserva unha torre do s XVI e diversas construcións adxectivas.