Darbo, A Madanela de

Darbo, A Madanela de

Capela situada en Darbo. Trátase dunha construción románica de principios do s XIII, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular á que se accede por medio dun arco triunfal de medio punto. Na ábsida destacan dúas cruces antefixas: unha cruz latina con círculo central e sostida por un Agnus Dei, e outra de Santo Andrés ou de entrelazo. No hastial do testeiro da nave consérvase outra cruz antefixa da época románica. Na nave destaca unha fiestra abucinada que se abre no muro norte da nave. No exterior destacan a portada occidental encalada, na que se atopa un tímpano que presenta unha cruz potenzada inscrita nun círculo e tallada con relevo a bisel, e os canzorros de proa que sosteñen os beirís.

Palabras veciñas

darbismo | darbista | Darbo | Darbo, A Madanela de | Darbo, castelo-fortaleza de | Darboux, Jean Gaston | Darboven, Hanne