dargin

dargin
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo dargin.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo dargin.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo orixinario do Cáucaso que viviu nas montañas illado de influencias exteriores, ata a invasión dos musulmáns no s VIII. Malia os esforzos islamizadores, conservaron os rituais animistas ata o s XV, cando se endureceu a influencia islámica como consecuencia da ocupación desta rexión polos turcos otomanos. Despois da presión dos persas e dos otomanos, convertéronse definitivamente ao Islam durante o s XIX, feito que serviu para promover un profundo sentimento antirruso. A consecuencia da Revolución Rusa, o goberno de Moscova constituíu a República Montañesa Autónoma, co árabe como lingua oficial. En 1921 produciuse unha revolta dos dargin xunto con outros pobos que orixinou o establecemento da República Autónoma do Daguestán. Os dargin resistiron o proceso de rusificación e rexeitaron a participación nos programas que tendían a asentalos nas cidades das chairas e nas granxas colectivas. Residen fundamentalmente no Daguestán Central e contan cunha importante representación nas estruturas do Daguestán, xunto cos ávaros e os laks. Están divididos en tres grupos que falan dialectos claramente diferenciados e, segundo estimacións realizadas en 1993, suman 314.000 habitantes no Daguestán. En 1991 constituíuse o movemento nacional dargin denominado Tsadesh.

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente á familia lingüística daguestana do phylum caucásico que fala o pobo dargin.