Darzens, condensación de
Darzens, condensación de
[QUÍM]
Reacción de formación dun éster α,β-epoxi por condensación dun aldehido ou dunha cetona cun éster α-haloxenado, dada a coñecer en 1904 polo químico francés G. A. Darzens (1867-1954). Tamén se coñece como reacción de condensación de ésteres glícidos.