Daurel e Beton

Daurel e Beton

Canción de xesta occidental relacionada co ciclo carolinxio da que se conservan os 2.200 primeiros versos. Escrita ao norte de Aquitania a finais do s XII, é a transposición da lenda épica anglonormanda Beuve de Hanstone. Presenta un carácter arcaico que se reflicte nos trazos de maxia e crueldade e, paradoxicamente, implica unha certa innovación social posto que trata a exaltación do plebeo.

Palabras veciñas

daunomicina | Dauphiné | Daura i García, Pere | Daurel e Beton | Dausset, Jean | Dauthendey, Max | Dauti