Dayr al-Madīna

Dayr al-Madīna

Antigo poboado exipcio onde vivían os obreiros e artesáns que construíron a necrópole do Val dos Reis, na marxe do Nilo. Fundouse, probablemente, en tempos dos primeiros faraóns da dinastía XVIII e o seu máximo esplendor data da época ramésida. Consta de dúas partes: un núcleo central dunhas 70 casas rodeado dun muro, e dous barrios exteriores (ó N e ao O) con 50 casas rectangulares construídas en ladrillo, onde se localizaron pinturas, obxectos e diversas inscricións. No exterior do recinto hai unha necrópole onde se conservan pinturas e un templo da época ptolemaica dedicado ás deusas Hathor e Ma’at.

Palabras veciñas

Dayr al- abrawī | Dayr al- an | Dayr al-Ba rī | Dayr al-Madīna | Dayr az-Zawr | Dayr az-Zawr | Dayr Baliza