Dearriba
Dearriba
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica arriba ou riba e mais a preposición de indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Pedro darriba” (doc ano 1368 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 520). Variantes deste apelido son Darriba, Darriva e Dearriva.