1 deber

1 deber

(

  1. v t

    Ter que facer algunha cousa por necesidade física ou lóxica, por unha obriga moral ou pola forza das circunstancias.

    Ex: Os fillos débenlles respecto e obediencia ós pais. Débelle unha explicación ó seu superior por ter faltado ó traballo sen avisar.

  2. v t

    Ter que atribuírlle un feito a alguén ou a algunha cousa.

    Ex: Débenlle a vitoria á convicción coa que loitaron. Caldas débelle o nome ás augas termais.

  3. v t

    Ter que lle dar ou pagar a alguén algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen lle non debo non lle temo. De deber a pagar hai moito camiño que andar. O que algo está a deber, non dorme como quer. O que debe a Xan e paga a Andrés, ten que pagar outra vez. O que debía e pagou, tiña dor e sandou. O que non debe nada con ben pouco paga”. OBS: O complemento directo é un nome ou a cousa pola que se contrae a obriga.

    Ex: Non lles deixes máis cartos porque aínda non che pagaron o que che deben. A empresa débenos dúas pagas extraordinarias. Deixou a deber a lixivia e o desodorizante porque perdeu a carteira. Quedoulle a deber o congro ó peixeiro.

  4. v pron

    Ter que antepoñer o que se expresa aos propios gustos ou sentimentos.

    Ex: Débese aos seus pais e como están enfermos non sae de noite.

  5. v pron

    Ser a causa ou obedecer a algo.

    Ex: A caída do pelo débese ó seu estado de nerviosismo.

  6. s m

    Calquera cousa que se teña a obrigatoriedade de facer.

    Ex: Hoxe os nenos botáronse a xogar e non fixeron os deberes.

  7. Traballos escolares que os alumnos teñen que facer na casa. OBS: Emprégase normalmente en plural.

Sinónimos

Frases feitas

  • Deber (de) + inf 1 Perífrase modal de probabilidade que indica o carácter hipotético da acción expresada polo infinitivo. Ex: Deben de ser as doce da noite e aínda non chamou.

  • 2 Perífrase modal obrigativa que indica que hai que realizar a acción expresada polo infinitivo. Ex: Debes traballar arreo para chegar a ocupar o posto.

Conxugar
VERBO 1 deber
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
debo
dEbes
dEbe
debemos
debedes
dEben
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
debía
debías
debía
debiamos
debiades
debían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
debín
debiches
debeu
debemos
debestes
deberon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
debera
deberas
debera
deberamos
deberades
deberan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deberei
deberás
deberá
deberemos
deberedes
deberán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
debería
deberías
debería
deberiamos
deberiades
deberían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deba
debas
deba
debamos
debades
deban
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
debese
debeses
debese
debesemos
debesedes
debesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deber
deberes
deber
debermos
deberdes
deberen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
debe
-
-
debede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
deber
deberes
deber
debermos
deberdes
deberen
Xerundio debendo
Participio debido
debida
debidos
debidas