decalaxe

decalaxe

(< fr decalage)

  1. s f

    Desprazamento no tempo ou no espacio.

  2. s f [MED]

    Falta de correspondencia entre os fragmentos óseos dunha fractura pola súa rotación.

  3. s f [AERON]

    Distancia entre os bordos de ataque das ás dun avión biplano, medida paralelamente á bisectriz do ángulo que forman as cordas dos planos.

  4. s f [COMUN]

    Proceso de transmisión da información cando unha conta ou anunciante pasa dun director a outro, ou no seu defecto, dun membro do departamento de contas a outro.

  5. s f [INFORM]

    Desprazamento de todos os elementos dunha cadea en dirección a un dos extremos. En particular, desprazamento ao longo dun certo número de posicións dos caracteres ou cifras dunha palabra en dirección a un dos extremos. Se a palabra é un número a decalaxe recibe o nome de aritmética e equivale á multiplicación do número por unha potencia (positiva ou negativa) da base. Chámaselle decalaxe lóxica a todo aquilo non aritmético; neste caso, o signo non existe e as cifras decaladas máis alá do extremo da palabra pérdense (en cambio na decalaxe cíclica as cifras perdidas localízanse de novo no extremo contrario).