decálogo

decálogo

(

  1. s m [RELIX]

    Conxunto dos dez mandamentos da Lei Mosaica. A tradición bíblica afirma que esta colección de preceptos llos entregou Deus a Moisés no Sinaí, inscritos en dúas táboas de pedra, as Táboas da Lei. O texto destas obrigas e o xeito en como foron comunicadas están recollidos en dous dos libros do Pentateuco: Éxodo 20, 2-17 e Deuteronomio 5, 6-21. Nos seus respectivos catecismos, a Igrexa católica adoptou a orde dos mandamentos proposta por santo Agostiño de Hipona, mentres que a Igrexa reformada adoptou unha versión de Oríxenes, quen pensaba que o Ex 20, 3-6 contiña dous mandamentos diferentes: para manter o decálogo o versículo 17 soamente podía ter un mandamento.

  2. s m

    Conxunto de dez normas, consellos ou principios.

    Ex: Tivo que aprender o decálogo do colexio para formar parte do consello escolar. A campaña inclúe o “decálogo do non fumador”.

Palabras veciñas

decalescencia | decalina | decalitro | decálogo | decalvación | decalvante | decalvar