decibel
decibel
(< deci- + bel)
s
m
[METROL]
Unidade que se emprega para medir relacións de potencias e que equivale á décima parte do bel. Úsase tamén para expresar relacións de tensións e correntes. Para as potencias o número de dB é 10×log(P2/P1); para tensións é 20×log(V2/V1); e para correntes é 20×log(I2/I1). A miúdo, tómase un valor arbitrario de referencia ao que se lle fai corresponder o valor 0 dB. En acústica, a intensidade sonora de referencia é I0=10-16W/cm2, que corresponde a unha presión acústica de p0=2×10-5N/m2. En electrónica, e especialmente nas telecomunicacións, é habitual tomar como referencia a potencia de 1 mW sobre unha resistencia de 600 Ω. Tamén se denomina decibelio.