decidua
decidua
(< deciduo)
s
f
[ANAT]
Endometrio trala implantación do ovo na mucosa uterina. Pode ser de tres tipos: basal, situada entre o polo profundo do ovo e o músculo uterino; ovular, que recobre a superficie do ovo e o separa da cavidade uterina; e parietal, que corresponde á parte extraplacentaria da cavidade uterina. Tamén recibe o nome de parias ou secundinas.
Ex: A cabra non botou a decidua e imos ter que chamar o veterinario.
Citas
- A cabra non botou a decidua e imos ter que chamar o veterinario.