declamación
(< lat declamatĭōne)
-
s
f
-
Acción de declamar.
Ex: A declamación do poema deixounos perplexos a todos.
-
[ESPECT]
Arte vogal do actor relacionada coa oratoria e coa dición, ou forma de dicir un texto atendendo a diversos factores, como a elocución, o ritmo, a entoación ou a intención. A dicción pode ter unha tonalidade realista e a declamación estaría máis relacionada coa interpretación naturalista, ou cunha tonalidade máis melódica ou rítmica, a miúdo debedora das características métricas e fónicas do verso ou da frase, e acompañada dunha expresión xestual rica en movementos amplos e enérxicos, co que a declamación aparece asociada á interpretación artificial e ampulosa. Nos tratados clásicos figuraba como parte da actio, a quinta parte da retórica, na que se executaba o texto perante o auditorio. Na Roma antiga, o nome aplicábaselles igualmente aos exercicios de composición e de recitación propostos aos futuros oradores. A práctica estivo en vigor entre os ss I e V d C. Existen dúas modalidades: suasoria, baseada nun aforismo moral ou nun tema histórico ou político, e de controversia, que parte dunha demanda ficticia e se desenvolve no xénero xudicial. Durante séculos esta forma de interpretación dominou a escena e tamén se relacionou co estilo afectado e enfático que se desenvolveu en Francia no século XVII; vinculado á traxedia clásica, razón pola que as primeiras escolas oficiais de teatro tomaron a denominación de Conservatorio de Música e Declamación, entendendo este último termo como sinónimo de interpretación. Na actualidade, o concepto de declamación aparece asociado a unha dicción artística e artificial, e no terreo da interpretación acostuma ser sinónimo de afectación, de hipérbole expresiva ou sobreactuación. OBS: Tamén se denómina declamatio.
-
-
s
f
-
Discurso que se compuña nas escolas de elocuencia de Roma.
-
Oración escrita ou pronunciada como exercicio nas regras da retórica, e case sempre sobre un tema suposto xa fixado.
-