declamatorio -ria
declamatorio -ria
(< lat declamatorĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente á declamación.
Ex: A súa facilidade declamatoria fará que chegue a ser un grande actor.
-
adx
Aplícase á forma de falar enfática, esaxerada, solemne e grandilocuente.
Ex: Sempre que falaba diante do xefe usaba un ton declamatorio co que tentaba quedar ben. En certos discursos cómpre botar man da linguaxe declamatoria para cativar o auditorio. Ese autor caracterizábase por empregar un estilo declamatorio ou exceso.