Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido desta declaración foi incorporado á maioría dos textos constitucionais posteriores, e incluso nalgunhas (como na Constitución Española de 1978) se fai referencia explícita a ela como marco xeral para a súa interpretación e aplicación.