decorated style*
decorated style*
[ARQUIT]
Segundo período da arquitectura gótica inglesa que se estendeu ao longo do s XIV. Caracterizouse polo emprego da gola nos arcos, da tracería nas ventás e pola abundante decoración. Sucedeu ó early english e antecedeu o perpendicular style.