decretal

decretal

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás decretais.

    1. s f [DER]

      Constitución pontificia redactada en forma de carta dirixida polo Papa en resposta ás consultas efectuadas por unha autoridade eclesiástica, pero que ten un carácter normativo xeral. As máis antigas son de finais do s IV. Dende o s VI comezáronse a reunir as Decretalum Epistolam, pero non se publicou a primeira compilación estruturada ata a aparición do Decreto de Graciano, cara a 1170. Máis tarde, en 1234, apareceu a primeira colección de dereito canónico propiamente dita, as decretais de Reimundo de Peñafort, que formaron o Corpus Iuris Canonici.

    2. s f pl

      Libro que contén estas cartas.

    3. falsas decretais [DER]

      Compilación apócrifa do s IX que reunía documentos atribuídos aos papas dos primeiros séculos.

Palabras veciñas

decrepitude | decrescendo* | decretación | decretal | decretalista | decretar | decretista