dedo

dedo

(< lat digĭtus)

  1. s m [ANAT]

    Cada unha das estruturas óseas localizadas na parte distal das extremidades dos vertebrados que teñen, as máis das veces, independencia de movementos. O seu esqueleto está formado por tres ósos chamados falanxes: a primeira falanxe, que se articula co metacarpo ou co metatarso; a segunda falanxe ou falanxiña; e a terceira falanxe ou falanxeta. Nos tetrápodos actuais, o número de dedos varía dun a cinco en cada unha das extremidades, que derivan en todos os casos dun modelo primitivo pentadáctilo. O número e posición dos dedos, xunto coas formacións córneas que poden presentar no extremo (unllas, garras e pezuños), proporcionan criterios de clasificación. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cinco dedos nunha man, ás veces fan proveito e ás veces non o fan. Nin un dedo fai man, nin unha andoriña fai verán. Non fales co dedo o que non digas coa lingua”. OBS: Os dedos reciben os seguintes nomes: polgar, cachapiollos ou matapiollos; índice ou furabolos; maior ou pai de todos; anular, mediano ou medianiño (tamén dedo do aro e dedo sobriño); e maimiño, meimiño, mamiño ou pequeniño.

  2. s m

    Medida que corresponde á anchura dun dedo.

    Ex: Tiven que lle baixar dous dedos ó pantalón. Pediulle que lle cortase o pelo só un dedo.

  3. dedo de cinc [XEN]

    Rexión do ADN que regula a expresión dun xene situado nas proximidades e que está estabilizada por un átomo de cinc.

Frases feitas

  • 2 Ter a seguridade de que alguén non é tan parvo como parece.

  • A dedo. Forma arbitraria de elixir unha persoa para un cargo ou función.

  • 2 Criticar a alguén.

  • Dar un dedo e coller unha man. Sobrepasarse unha persoa por un exceso de confianza ou por atribuírse cousas que non lle son dadas.

  • Facer dedo/Ir a dedo. Xeito de viaxar alguén de balde, intentando que algún coche pare na estrada para que o leve.

  • Meter os dedos polos ollos. Facer crer o que non é.

  • Meterlle o dedo na boca a alguén 1 Facer sagazmente que alguén conte o que sabe sobre un asunto.

  • Non mover un dedo. Non se molestar en facer ningún traballo.

  • Non ter dous dedos de fronte. Non ter moito sentido.

  • Poñer o dedo na chaga. Sinalar o punto máis negativo de algo ou de alguén.

  • Sinalar co dedo 1 Chamarlle a atención a alguén por algo negativo.

Refráns

  • Nin un dedo fai a man nin a andoriña fai verán.
  • Non fales co dedo o que non digas coa lingua.
  • Os cinco dedos moitas veces fan dano e moitas veces proveito.
  • Quen san o seu dedo ata, san o desata.

Palabras veciñas

dedicatorio -ria | dedición | dedil | dedo | deducible | deducido -da | dedución