Defenestración de Praga

Defenestración de Praga

Golpe de estado protestante producido en Praga o 23 de maio de 1618. Un grupo de nobres bohemios calvinistas asaltaron o pazo real e tiraron pola fiestra dous conselleiros reais e un secretario. Un goberno provisional substituíu o consello do rei e as forzas protestantes ocuparon o país. Este feito foi unha das causas da Guerra dos Trinta Anos.

Palabras veciñas

defendido -da | defenestración | Defenestración de Praga | Defenestración de Praga | defenestrar | defensa | Defensa Católica, La