definir

definir

(< lat definīre)

  1. v t
    1. Explicar de maneira precisa ou determinar a natureza ou os límites de algo ou de alguén.

      Ex: Definiron a xurisdición do bispado. Definiron claramente o perfil do candidato. Definiu o rapaz para saber cómo é o seu carácter. Os investigadores definiron os compoñentes daquel estraño mineral.

    2. [LING]

      Expoñer de xeito exacto e con claridade o significado no que se debe tomar unha unidade léxica en relación cun contexto.

      Ex: Entre todos os alumnos definiron a expresión “mesturar allos con bugallos”. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Un sinónimo que define non sempre é exacto.

    3. Expresar con exactitude un pensamento, opinión, actitude ou sentimento.

      Ex: Definiu claramente a súa postura cando abandonou a sala de xuntas. Non fun quen de definir o que pasou pola miña cabeza naqueles momentos.

    4. Marcar de forma clara e precisa os límites e obxectivos dunha actuación determinada.

      Ex: Os estudiantes definiron a súa estratexia para a folga. O concello definiu as principais liñas dos novos orzamentos.

      Confrontacións: decidir.
  2. v t [ARTE]

    Rematar unha obra artística coidando todos os seus detalles.

  3. v t [RELIX]

    Fixar o sentido dun punto doutrinal ou disciplinario.

    Ex: O concilio definirá o réxime de celibato para os diáconos.

  4. v pron

    Manifestar alguén o seu pensamento, opinión, decisión ou actitude con respecto a algo.

    Ex: Sempre se definiu como o último abandeirado do anarquismo. Aínda non se definiu por ningunha das opcións que lle presentaron.

Conxugar
VERBO definir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defino
defines
define
definimos
definides
definen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definía
definías
definía
definiamos
definiades
definían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definín
definiches
definiu
definimos
definistes
definiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definira
definiras
definira
definiramos
definirades
definiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definirei
definirás
definirá
definiremos
definiredes
definirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definiría
definirías
definiría
definiriamos
definiriades
definirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
defina
definas
defina
definamos
definades
definan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definise
definises
definise
definisemos
definisedes
definisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definir
definires
definir
definirmos
definirdes
definiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
define
-
-
definide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
definir
definires
definir
definirmos
definirdes
definiren
Xerundio definindo
Participio definido
definida
definidos
definidas