deflagración

deflagración

(

s f [QUÍM]

Reacción de transformación de certos explosivos na que a acción inicial, térmica ou mecánica, se propaga rapidamente por toda a superficie do explosivo, que entra en combustión dende fóra cara a dentro. Comprende as etapas de inflamación, que é practicamente instantánea, e de combustión, que transcorre a unha velocidade altísima por mor do aumento de presión e temperatura dos gases producidos na reacción.