Deinotherium
Deinotherium
[PALEONT]
Xénero de elefantes de ata 4 m de altura de longos cabeiros, virados cara a abaixo, que empregaban para arrincar as cortizas das árbores e desenterrar tubérculos. Habitaban en África, no S de Asia, e no centro e sur de Europa, dende o Mioceno ata o Pleistoceno.