Deípilo

Deípilo
[MIT]

Fillo do rei de Tracia Polimestor. Casou con Ilíone, a filla máis vella de Príamo. Este encargoulle á súa filla educar o seu irmán Polidoro. Ilíone, para asegurarse o trono, fixo pasar o seu irmán por fillo. Trala caída de Troia, Agamemnon desexoso de exterminar a estirpe de Príamo, ofreceulle a Polimestor a súa filla, Electra, a cambio de que este lle entregase a Polidoro. Polimestor, daquela, crendo matar a Polidoro, asasinou o seu propio fillo Deípilo. Cando anos máis tarde Polidoro soubo da súa orixe polo oráculo de Delfos, aconselloulle a Ilíone que cegase e matase a Polimestor.

Palabras veciñas

Deiokes | Deioneo | deípara | Deípilo | Deir el-Ba arī | Deir el-Gebrawi | Deir el-Medinah