Delgado

Delgado
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían a característica física de seren fracos. Documéntase no s XIII, aínda que antes desta data xa se atesta empregado como nome: “Delgada” (doc ano 967 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 232), “Pedro Eanes dito Delgado” (doc ano 1289 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 140). Unha variante culta deste apelido é Delicado.