delincuencia
(
-
s
f
Feito de cometer delitos.
Ex: Cada vez é maior a delincuencia nas grandes cidades.
-
-
s
f
[DER]
Conxunto de infraccións penais consideradas dentro do marco social. É un fenómeno innato en toda sociedade porque o delito é un acto humano; é por isto polo que a sociedade procura previla ou reprimila cunha serie de medidas destinadas a reducir o seu impacto, a través da política criminal. O influxo do ambiente social (pobreza, desestruturación, etc) é un factor destacado entre as súas causas. Fálase neste sentido de áreas de delincuencia e de subculturas de delincuencia. O que parece certo é que toda a delincuencia resulta favorecida pola mesma civilización moderna: crecente despersonalización e anonimato para a maioría dos individuos; crecente desestruturación familiar e frustración persoal ante a imposibilidade de alcanzar certos ideais que a propaganda presenta; desprecio social de valores éticos (como, p ex, a solidariedade, substituída polo culto á competitividade). Tamén hai que destacar a diferenza que se pode establecer entre a delincuencia urbana e a rural. Máis alá do seu tratamento sociolóxico, o problema da delincuencia presenta a cuestión dos medios de corrección, rehabilitación e reinserción social que lles deben ser aplicados aos delincuentes. Do estudo da delincuencia encárganse disciplinas como a criminoloxía, a estatística criminal e a penaloxía.
-
delincuencia xuvenil /
[DER/SOCIOL]
Conxunto de actos delitivos, transgresións ás leis e manifestacións concomitantes que teñen como suxeito, en actos individuais ou colectivos, a persoas non adultas. O fenómeno social que constitúe modernamente a delincuencia xuvenil fixo que se separase o seu estudo da delincuencia xeral. O motivo desta diferenciación está na necesidade de que a acción xurídica, o control social e os medios de corrección sexan diferentes dos que a sociedade ten respecto aos adultos. Así, xurdiu unha nova lexislación, diferenciada da criminal, que se caracteriza pola ausencia ou a suavización do rigor formal que hai nos procedementos criminais e por unha atención primordial ao ambiente e ás circunstancias que envolven os delincuentes.
-
s
f
[DER]