Deméter

Deméter
[MIT]

Divindade maior grega, filla de Cronos e de Rea. Pertence á segunda xeración divina, á dos deuses olímpicos. Segundo a etimoloxía dórica do seu nome (Terra-Mar) identifícase con Xea e Rea-Cibeles. Nas lendas e nas culturas de carácter agrario, é a deusa maternal da Terra (o seu nome foi interpretado en grego como ‘terra nai’) e a divindade da agricultura, especialmente do trigo e dos cereais. A súa historia está estreitamente vinculada á da súa filla Perséfone, froito da unión con Zeus. Cando esta é raptada polo seu tío Hades, inicia unha búsqueda constante por todo o mundo co fin de atopala.