Democracia Progresista Galega
Democracia Progresista Galega
Federación política que agrupou a Democracia Galega, Coalición Galega, presidida por X. Posada, e Progresistas de Galicia, liderados por Manuel Soto, nas eleccións autonómicas do 2001. Presentou como candidato a Enrique Marfany, que tentou chegar a un electorado autonomista e de centro. Os resultados electorais convertéronos na quinta forza política.