Demódice
Demódice
[MIT]
Esposa de Creteo. Namorouse de Frixo, o seu fillo adoptivo, pero como este non lle correspondía aos seus requerimentos, calumniouno perante o seu esposo. Creteo, crendo a súa muller, pediulle ao seu irmán, Atamante, que matase a Frixo; pero Néfele, a súa verdadeira nai, deulle un carneiro voador co que logrou escapar.