demótico -ca
demótico -ca
(< grδημοτικός ‘popular’)
-
adx e s
m
[LING]
Aplícase á forma coloquial do grego moderno, fronte á forma culta ou “pura” (καθαρέυουσα), máis arcaizante e propia do ámbito oficial (político, relixioso) e científico. En pugna máis dunha vez coa forma culta, o demótico está a ser máis utilizado polos escritores, non obstante aínda non conseguiu ser unha lingua unificada e codificada.
-
escritura demótica
[LING]
Escritura simplificada da antiga escritura exipcia hierática. Correspóndese coa fase da lingua exipcia que vai desde o 700 a C ata a fin do Imperio Romano. É unha escritura cursiva na que predominan as ligaduras que esquematizan o trazo dos grupos hieráticos. Empregábase nos documentos da vida cotiá (contratos, cartas, etc) e foi substituída pola escritura copta.