Dendroica

Dendroica
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves insectívoras e forestais, da familia dos parúlidos. De pequeno tamaño, presenta plumaxe de cores vivas, especialmente no caso dos machos e, as máis das especies, unha franxa negra a xeito de anteface e unha mancha branca na á. Orixinarias do continente americano, poden chegar ao oeste de Europa como aves divagantes as especies D. caerulescens, D. coronata, D. fusca, D. magnolia, D. petechia, D. pensylvanica, D. striata, D. tigrina e D. virens.