Dendropithecus
Dendropithecus
[PALEONT]
Xénero fósil de primates catarrinos que podería identificarse cun antecesor do moderno xibón, e que foi descrito por Andrews e Simons no ano 1977 a partir de restos procedentes do Mioceno localizados en Kenya. Descrito polos seus descubridores como un cercopitecoideo, Feagle (1988 e 1999) e Szalay e Delson (1979) considerárono un hominoideo, aínda que o primeiro o inclúe entre os proconsulidos e os segundos entre os pliopitécidos. De extremidades longas e delgadas, canino sobresaínte e con tres premolares sectoriais, viviu en bosques densos, alimentábase de froitas, follas e flores, e chegou a medir ata 60 cm de altura.