denegación
(< lat denegatĭōne)
-
s
f
Acción de denegar.
-
s
f
[LIT]
Termo introducido por Anne Übersfeld nos estudios dramáticos para denominar unha das características fundamentais da comunicación teatral. Ten a súa orixe no eido da psicanálise, nas teorías de Sigmund Freud e Octave Mannoni. A base do concepto reside en que o receptor dunha peza teatral considera que a mensaxe que se lle transmite é unha fición, ou sexa, que non é verdadeira. Os obxectos e seres dunha representación teatral existen sobre o escenario pero non pertencen ao mundo e sonlles negados ao espectador. Este rexeitamento do seu estatuto de realidade é a clave do pracer da mímese, isto é, o espectáculo discorre como se fose verdade, pero o espectador sabe que non o é.
-
denegación de auxilio
[DER]
Delito que comete o funcionario público que, requirido por unha autoridade ou por un particular para prestar a axuda á que está obrigado polo seu cargo, se abstén de facelo sen causa xustificada.
-
denegación de proba
[DER]
Decisión do xuíz ou tribunal de non admitir a proba proposta polas partes, xa sexa por non efectuar a petición no momento procesual oportuno ou ben pola impertinencia da proba proposta.
-
denegación de xustiza
[DER]
Actitude contraria aos deberes que as leis procesuais impoñen a xuíces e maxistrados respecto dos prazos, termos e límites procesuais dos procedementos xudiciais. Estes incumprimentos fanos incorrer no delito de denegación de xustiza ou no de restrición de xustiza.