Denís o Areopaxita,

Denís o Areopaxita,

san (Atenas? - 95?) Bispo e mártir. Xuíz do Areópago, converteuse ao cristianismo por mediación de san Paulo. Foi o primeiro bispo de Atenas e parece que sufriu martirio baixo o Emperador Domiciano (95 d C) ao ser queimado vivo. Durante a Antigüidade e na Idade Media atribuíronselle algunhas obras filosóficas do s V que posibilitaron, en boa medida, a permanencia do neoplatonismo nesa época; co tempo descubriuse que eran obra doutro autor, a quen lle deron o nome de Pseudo-Dionisio. A súa iconografía coincide adoito coa de san Denís de París: leva vestiduras de pontífice, con dalmática, casula ancha e mitra; como atributo persoal unha cabeza nas mans e, ás veces, tamén o libro dos evanxelizadores. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.