denso -sa
(< lat densu)
-
adx
-
Aplícase á materia ou substancia que ten unha relación masa/volume elevada.
Ex: O aceite é máis denso ca a auga.
-
Que está constituído por elementos moi xuntos e que están contidos en pouco espacio.
Ex: A poboación nas cidades é moito máis densa ca nas aldeas. As árbores do xardín están moi densas e afogan o céspede.
-
Que contén moito contido en relación coa extensión.
Ex: O conferenciante pronunciou un discurso moi denso. Está lendo un libro moi denso é non dá avanzado na lectura.
-
-
adx
[LING]
Aplícase ás vocais abertas (a, ε, ɔ) e ás consoantes velares e palatais ([k], [g], [ʎ], [ʃ], [tÙʃ], etc) que presentan a característica acústica de agrupar os formantes fundamentais nunhas frecuencias específicas, xeralmente baixas. OBS: Tamén se denominan fonemas compactos e opóñense a difusos.
-
adx
[MAT]
-
Aplícase a un conxunto C totalmente ordenado tal que entre dous elementos calquera, a e b∈C, hai un terceiro elemento c. O conxunto dos números racionais N e o dos reais O son densos.
-
Nun espazo topolóxico T, aplícase a un subconxunto A respecto a outro B0T, de xeito que se cumpre que todo punto de B é un punto adherente de A, é dicir, que B0Â, onde  designa a adherencia de A.
-
-
adx
[IMAX]
Referido ao aspecto que presenta unha imaxe, tanto positiva como negativa, de pouco contraste entre os brancos e os negros, ou entre as zonas transparentes e as opacas.