Dentalium
Dentalium
[ANIMAL]
Xénero de moluscos da clase dos escafópodos que presentan unha cuncha de forma cónica e alongada (entre 2 e 5 cm), lixeiramente arqueada e aberta polos dous lados. Viven afundidos de forma oblicua na area dos fondos mariños, desde as zonas do litoral ata os 4.000 m. Constitúen os representantes actuais dun filum do Devoniano.