dente
(< lat dĕnte)
-
[ANAT]
-
s
m
Formación sólida de cor branca, dura e calcaria, incrustada nos ósos premaxilares e maxilares e na mandíbula, que empregan os animais para mastigar e triturar o alimento, para se defenderen, no aseo ou noutras funcións. Aínda que algúns invertebrados posúen unhas estruturas que funcionalmente son semellantes, o nome de dente só pode utilizarse con propiedade cando se fala dos vertebrados. A estrutura dun dente comprende unha parte exterior ou esmalte dentario, unha máis interna chamada dentina, que forma a parte principal do dente, e outra, situada no interior, denominada polpa dentaria, onde están os vasos sanguíneos e as fibras nerviosas que constitúen a parte viva do dente. Os mamíferos preséntanos só nos ósos maxilares, premaxilares e dentarios, mentres que noutros vertebrados teñen unha localización palatal e mesmo branquial, como é o caso de moitos peixes. Aínda que en moitos grupos hai dentes de diferentes formas, só nos mamíferos se pode falar de verdadeira heterodoncia, é dicir, de diferentes clases de dentes a causa dunha especialización funcional: incisivos, para morder, cortar e roer; caninos, para capturar, perforar e desgarrar; premolares e molares, para esgazar e triturar. Funcionalmente, a dentadura dos mamíferos é diferente da dos outros vertebrados, posto que nestes últimos os dentes non teñen case nunca unha función mastigadora. Hai algúns grupos de mamíferos que non teñen dentes ou ben teñen a dentadura reducida ou simplificada. Os dentes varían segundo o réxime alimentario do animal, pois todos os animais de réxime non carnívoro perderon completamente os caninos, mentres que os de alimentación carnívora teñen os molares e premolares transformados para poder triturar a carne. Só os animais de alimentación omnívora conservan todos os dentes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amóstrame os dentes, e direiche o que comeche. Antes son os meus dentes que os meus parentes. Cando penses meter o dente en seguro, atoparás o duro. Cando tiven dentes non tiven pan; e agora que teño pan non teño dentes. Máis quero ter para os meus dentes que para os meus parentes. Malia ao dente que come a semente. O dente do neno que vén temperán, logo trae un novo irmán. Onde teño os dentes alí teño as mentes. Quen ten mal dente, ten mal parente”.
-
dente carniceiro
Dentes molares e premolares que están modificados para cortar a carne, con cúspides definidas e cortantes, característicos da orde dos carnívoros.
-
dente deciduo/de leite/de mama/mamón
Cada un dos dentes da primeira dentición dalgúns mamíferos, que caen e se substitúen polos permanentes, que son máis numerosos e de maior tamaño.
-
dente definitivo/permanente
Dente que non se substitúe por outro. No caso dalgúns mamíferos forma parte do xogo definitivo de dentes que saen trala caída dos dentes de leite.
-
s
m
-
s
m
-
Cada unha das partes que sobresaen de certos obxectos, máquinas ou ferramentas, semellantes a un dente.
Ex: A serra ten os dentes oxidados. Rompéronlle a metade dos dentes ó peite.
-
[TECNOL]
Parte que sobresae do ferro do estátor ou do rotor nunha máquina eléctrica e que está comprendida entre dúas fendas consecutivas.
-
[TECNOL]
Cada un dos elementos tallados sobre o corpo base da roda -chamada roda dentada- dunha engrenaxe, que permite transmitir o movemento a outra roda dentada. A circunferencia base sobre a que se tallan os dentes das rodas da engrenaxe chámase circunferencia primitiva e a súa dimensión desígnase como diámetro primitivo. Sobre a circunferencia primitiva tómanse as medidas que caracterizan as engrenaxes: o paso da engrenaxe, que é a distancia que separa os eixes de dous dentes consecutivos, e a saída e a profundidade do dente, que sumadas dan a altura do dente.
-
-
s
m
Cada unha das partes en que queda dividida unha cabeza de allo.
-
s
m
Pao onde se encaixa a rella do arado.
-
[ZOOL]
-
s
m
Cada unha das protuberancias do bordo das cunchas dalgúns bivalvos.
-
dente cardinal
Protuberancia da cuncha dos bivalvos na zona da charneira que funciona como unión entre as valvas.
-
s
m
-
s
m
[ORNIT]
Cada unha das puntas que teñen algunhas aves nos lados do peteiro.
-
s
m
[BOT]
División pouco fonda da marxe das estruturas foliares ou dos casulos ou cápsulas.
-
s
m
[DEP]
-
Pico agudo e illado que se escala en alpinismo.
-
Extremo da plataforma do trampolín para saltos de esquí.
-
-
[GRÁF]
-
s
m
Sinal que se nota cando, ao non estar ben impresa unha folla, non se corresponden as planas do branco coas da retirada.
-
dente de can
Sistema empregado polos encadernadores para coser xuntas dúas ou máis follas dun libro.
-
dente de lobo
Brunidor curvo empregado polos encadernadores para dourar os cantos, formado por un anaco de ágata montado sobre un mango de madeira.
-
s
m
-
[ARQUIT]
-
s
m
Ladrillo ou perpiaño que se deixa sobresaír nunha obra para que trabe mellor coa construción posterior.
-
s
m
Motivo decorativo en forma de puntas ou prismas entrantes e saíntes.
-
dente de can
Motivo decorativo en forma de prismas triangulares ou troncopiramidais postos en serie.
-
dente de serra
Motivo decorativo similar ao dente de can pero referido exclusivamente aos prismas triangulares dispostos en serie.
-
dente de serra
cuberta en dente de serra.
-
s
m
-
s
m
[HERÁLD]
Elemento situado no perfil dunha peza, composto por dous segmentos rectilíneos consecutivos que forman un ángulo, imitando os dentes dunha serra.
-
s
m
[FILAT]
Cada unha das puntas que quedan nos bordos dun selo de correos despois de separalo individualmente do prego.
-
dente de can
[PLANTA]
Planta perenne de bulbo pequeno con forma cilíndrica; as follas -as máis das veces só dúas- elípticas, de ata 9 cm de longo e 4 cm de ancho, dispostas de xeito oposto, presentan manchas alongadas de cor vermella. Na primavera a planta produce unha única flor pendurante formada por seis tépalos, de cor violeta, libres, revirados cara a arriba, tres estigmas formando un único pistilo e anteras longas azuis unidas ao filamento glabro na base. Estas flores dan lugar a un froito en cápsula de sección triangular. En Galicia está presente en zonas altas: prados, matogueiras e fragas.
-
dente de león
[PLANTA]
tarrelo.
-
dente de mar
[ANIMAL]
Molusco da clase dos escafópodos, de simetría bilateral e de cuncha tubular, aberta polos dous extremos e de cor xeralmente branca ou amarela. En Galicia os máis comúns pertencen ao xénero Dentalium.
-
dente de serra
[FÍS]
Forma de onda dunha magnitude periódica que aumenta linealmente co tempo ata un punto determinado, diminúe bruscamente ata cero e volve repetir o ciclo indefinidamente. É moi corrente en electrónica, especialmente para tensións.
Frases feitas
-
Afiar os dentes. Prepararse para comer.
-
1 Ter repugnancia a unha persoa ou cousa.
-
2 Comer de todo, sen facer escolla cos alimentos.
-
2 Non dar creto a unha noticia.
-
Arregañar/rinchar os dentes. Facer ruído os dentes ao rozar entre si.
-
Bater/Dar dente con dente. Tremer co frío ou co medo.
-
Botar o dente. Morder a alguén un animal.
-
Cortar os dentes. Dar denteira.
-
Dar que roer a quen non ten dentes. Darlle algo a quen non o estima.
-
Darlle ao dente. Comer sen parar.
-
De dentes para fóra. De forma hipócrita.
-
Ensinar os dentes. Responder a unha agresión verbal.
-
Falar/Dicir entre dentes. Rosmar.
-
Fincar un o dente. Falar mal de alguén.
-
Meter/Fincar o dente. Comezar unha nova empresa.
-
Non chegar a un dente. Chegar apenas para probar.
-
Non entrarlle a un os dentes para dentro
-
Non haber para un dente. Haber moita necesidade.
-
Non se lle ver os dentes a alguén. Ser moi serio.
-
Ser de bo dente/ter bo dente 1 Ser bo comedor.
-
Ter a un entre dentes. Ser hostil con alguén.
-
Traer entre dentes. Rumorear.
-
Xa lle teren nacido os dentes. Ter experiencia.
Refráns
- a dente do neno que ven temperán, logo trae un novo irmán.
- a que lle doia a moa, que a bote fóra.
- A vianda dura quere a moa aguda.
- Amóstrame os dentes e direiche o que comeches.
- Cando o neno endenta, logo emparenta.
- Cando un neno endenta, a morte tenta.
- Cara sen dentes fai aos mortos viventes.
- Quen padeza das moas que acuda á dentuza.
- Quen ten mal dente, ten mal parente.