depilatorio -ria
depilatorio -ria
(< lat depilātu, p p de depilāre‘pelar’)
-
adx
Que serve para depilar ou depilarse.
Ex: Sempre uso cremas depilatorias porque a cera doe moito.
-
s
m
Substancia que serve para depilar. Os depilatorios poden clasificarse en mecánicos e químicos. Os primeiros son mesturas de ceras, resinas e aceites que se aplican en quente e, ao retiralas de golpe, xa frías, levan o pelo arrincado. Os segundos son compostos sulfurados inorgánicos ou orgánicos que desfán a queratina que forma o pelo e a converten nunha masa plástica fácil de eliminar.