depoñente

depoñente

(< lat depōnente)

  1. adx e s

    Que ou quen depón.

  2. [LING]
    1. adx

      Aplícase á voz media do latín, é dicir, a aqueles verbos que expresaban que a acción realizada polo suxeito recaía sobre el ou sobre as súas cousas. Segundo os gramáticos latinos eran verbos que “abandonaran” (deponere) a flexión activa para tomar a flexión pasiva, aínda que conservando o seu sentido activo. Son depoñentes, por exemplo, orior (‘nacer’), vescor (‘alimentarse’), morior (‘morrer’) e potior (‘apoderarse de’). Poden pertencer a calquera das catro conxugacións e o seu enunciado ten os mesmos elementos ca calquera outro verbo, pero sen supino. Ao usarse como activos, poden ir acompañados de complemento directo.

    2. depoñente activo

      erbo latino con desinencias activas e significación pasiva, por exemplo, fio (‘son feito’) e vapulo (‘son azoutado’).

  3. s [DER]

    Persoa que efectúa un depósito, polo que entrega a outra, o depositario, unha cousa moble para que a garde ata que a primeira lle reclame a súa devolución.

Palabras veciñas

depletivo -va | deplorable | deplorar | depoñente | depoñer | depopulación | depor